Present News



A Mostra de Produtos de Covelo suma novos postos para esta fin de semana
- 03/05/2023 -

Este sábado día 6 a praza Mestre Cerviño contará con novos postos de produto local, artesanía, gastronomía e alimentación e a actuación do paiaso Popin a partir das 12:30 horas
A Mostra de Produtos de Covelo sigue medrando e suma novos postos. Como cada primeiro sábado de mes a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía, segunda man, música, gastronomía e actuacións para recibir ás e aos visitantes a partir das 10 da mañá.


Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen a Covelo antes das 14 horas.


O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións. Este sábado a partir das 12:30 horas o paiaso Popín porá a nota de humor.


A Mostra de Produtos de Covelo supón un punto de encontro entre produtores e veciñanza que ademais de facer as súas compras poden degustar a gastronomía local e atopar un espazo de socialización de ambiente distendido e festivo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade