Present News



Esta fin de semana visita o Val do Louro, en Covelo
- 26/04/2023 -

O Concello de Covelo informa da celebración dun novo roteiro guiado dentro do programa €RíosAldeasMontañas€ que oferta de xeito gratuíto actividades de coñecemento do patrimonio medioambiental
O Concello de Covelo informa da celebración da ruta guiada “Sendeiro Val do Louro” que terá lugar este domingo día 30. A inscrición é totalmente de balde e estará aberta ata cubrir prazas.


Enmarcada no proxecto “RíosAldeasMontañas” o Concello de Covelo oferta de xeito estable visitas guiadas ao longo de todo o ano co obxectivo de promover hábitos de vida saudable e dar a coñecer o patrimonio etnográfico e medioambiental do concello. Esta iniciativa que pretende pór en valor a riqueza natural recolle actividades para a cidadanía en xeral e tamén para escolares.


Este domingo o guía de montaña, Julio Eiroa, acompañará ás persoas participantes durante doce quilómetros nos que coñecer a fauna e a flora do Val do Louro e a importancia dos hábitats naturais da zona. De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en Maceira.


A actividade está limitada á 25 persoas que deben previamente inscribirse no número de teléfono 654 500 652.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade