Present News



Arrinca o curso universitario en Covelo
- 26/04/2023 -

Ante o éxito da primeira edición o Concello e a Universidade de Vigo ofrecen cinco novos seminarios teórico/prácticos nos meses de abril e maio
Arrinca o curso universitario en Covelo e faino con record de matrícula. O auditorio municipal de Covelo vivíu onte a apertura do ciclo de seminarios deseñados para o Concello de Covelo. Seguir aprendendo e promover o coñecemento é o obxecto do convenio que o Concello de Covelo e a Universidade de Vigo asinaron no pasado ano froito da colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e as Universidades de Santiago, Coruña e Vigo. Esta colaboración permite que a veciñanza de Covelo se beneficie por segundo ano consecutivo de novos seminarios universitarios para maiores de 50 anos.


Impartidos en horario de tarde, os seminarios desta nova edición centraranse en impartir coñecementos de “saúde e benestar”, “arte e historia”, “pilates sénior”, “soidade non desexada” e “tecnoloxía para o uso de ferramentas no teléfono móbil”. No día de onte e hoxe celébrase o seminario de saúde e benestar para dar paso os vindeiros 2 e 3 de maio ao de arte e historia.


O alcalde, Pablo Castillo, considera moi importante poder ofrecer ás persoas que viven no rural o maior número de servizos posibles non só básicos se non tamén aqueles que promoven a formación continua, espallan coñecementos e nos facilitan estar actualizados e familiarizados con novas ferramentas, “algo decisivo para non quedar descolgados nin desconectados das novas tendencias ou avances que facilitan o día a día das persoas”. Ademais, estes seminarios posibilitan o encontro de persoas con inquedanzas similares nun espazo común.


Os seminarios, que se desenvolven en abril e maio, son impartidos por profesores/as da Universidade de Vigo e teñen sesións divulgativas e prácticas con 2 saídas/visitas programadas no seminarios de Saúde e Benestar e no de Arte e Historia de Covelo.


Ante o éxito do ano anterior, este ano pasaremos de tres a cinco seminarios, ofrecendo dous máis novamente da man da Universidade Senior de Vigo e do seu proxecto "Mareas de Coñecemento" engade Lourdes Enes, concelleira responsable de Formación.


As persoas que desexen obter máis información deberán contactar co Concello no número de teléfono 986 65 00 27 (ext 4) ou na oficina de formación de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade