Present News



O Centro de Saúde de Covelo ensina a pedir citas e realizar xestións co SERGAS a través da aplicación É-Saúde
- 22/04/2023 -

Será o 24 de abril de 8 a 14 horas no propio centro de saúde e tamén ensinarán ás persoas a tramitar a CHAVE 365 que nos permite asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia
Ante o éxito de participación e a boa acollida que están tendo por parte da cidadanía os obradoiros e charlas impartidas polo equipo de profesionais do Centro de Saúde de Covelo, o vindeiro luns 24 de abril de oito da mañá a dúas da tarde persoal do SERGAS ofrecerá asesoramento para relacionarse co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da aplicación É-Saúde.


Pedir citas médicas, acceder á historia clínica, consultar tratamentos, obter certificados COVID, descargar e enviar partes de baixa, acceder ás follas do SINTROM ou ter no teléfono móbil a tarxeta sanitaria son algunhas das funcións que ofrece a plataforma É-Saúde.


Dun xeito cómodo e doado e dende calquera punto e hora do día podemos acceder aos nosos datos, historial e resolver dúbidas de pautas de tratamento.


Persoal do SERGAS estará ao longo da mañá no centro de saúde de Covelo atendendo a todas as persoas que desexen beneficiarse das ventaxas do uso desta plataforma na rede que permitie unha comunicación fluída e accesible dende o ordenador, tablet, teléfono móbil ou calquera outro dispositivo con acceso a internet.


Ademais, o persoal do SERGAS trasladado ese día ao Centro de Saúde de Covelo para informar e formar, ensinará ás persoas interesadas a tramitar a Chave 365 que é o sistema que permite á cidadanía maior de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade