Present News



Covelo denuncia o roubo da lona de promoción turística da estrada Covelo-Paraños
- 22/04/2023 -

As persoas que teñan pistas firmes poderán aportalas no posto da Garda Civil
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, vén de denunciar ante a Garda Civil o roubo da lona de promoción turística ubicada na estrada Covelo-Paraños á altura do cruce con As Medelas.

Esta lona publicitaria, instalada nas últimas semanas, tiña unhas dimensións de oito metros de longo e tres metros de ancho. O valor da mesma ascende a 900€ e o seu obxectivo era promocionar o patrimonio cultural do concello a través dunha fotografía impresa a cor dos pasos de Lourido.

O alcalde solicita a colaboración cidadá e agradece que as persoas que teñan algunha pista firme lla poidan facilitar á Garda Civil.

Afortunadamente son feitos illados pero non esquezamos que se trata dun soporte pagado con fondos públicos, cos cartos de todas e todos. Ferramentas que promoven o coñecemento da nosa vila e as nosas riquezas, que reciben ao visitante coa intención de que pase un bo día e quede con ganas de voltar, prexudicar o mobiliario público é prexudicar o día a día das veciñas e veciños de Covelo”.

Dende o Concello lamentan esta falla de civismo e de respecto polos bens comúns. Adiantan, tamén, que procederán a unha nova colocación e agardan que as persoas responsables desta substracción tomen conciencia do dano que provocan.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade