Actualidade e Noticias



O Ciclo de Música de Barcia de Mera celebra o seu décimo quinto aniversario con estreas e novidosos espectáculos
- 20/04/2023 -

A actríz catalá Vicky Peña e Orestes Gás elixen Barcia de Mera para estrear €Desarraigo€ o vindeiro 15 de xullo
O Ciclo de Música de Barcia de Mera celebra o seu decimoquinto aniversario con novidosas apostas e estreas a nivel nacional.

O vindeiro 29 de abril será o concerto inaugural cos madrileños Trío Domaní que interpretarán un programa clásico con pezas de Mozart e Brahms.

O programa presentado no concello veciño de Mondariz Balneario volverá atraer a centos de apaixoados da música clásica ao Concello de Covelo e posibilitará que gocemos coa música do chelista Guillermo Pastrana o 13 de maio con Johann Sebastian Bach como protagonista.

Non faltarán sorpresas e novidades como o concerto espectáculo do 3 de xuño cun dúo de piano e chelo acompañado dunha interpretación poética, “La música en otros cuerpos”.

 

Estrea

A famosa actríz Vicky Peña elixe o Ciclo de Música de Barcia de Mera para estrear “Desarraigo”. O 15 de xullo a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera convertirase no escenario dunha obra de denuncia social na que tomaremos consciencia da situación dos refuxados e dos exiliados. A actríz catalá, preocupada “polo mundo que deixamos” elixe a nosa vila para estrear unha obra cargada de denuncia e de sensibilidade xunto a Orestes Gás.

Agosto acollerá dous concertos, o de Locus Músicus que traerá sons medievais galaico portugueses e o da Orquestra Sinfónica de Galicia o día 26.

A programación desta decimoquinta edición péchase o 16 de setembro con Vox Stellae, que leva acompañando ao Ciclo de Música de Barcia de Mera dende os seus comezos e que este ano cumpren vinte anos dende a súa fundación “e queremos celebralo con eles”, explica Nieves García Sotos.

Xunto ao Pai Rafael decidiron facer do conxunto abacial de Barcia de Mera o epicentro das persoas amantes da música clásica posibilitando escoitar a voces e músicos de primeiro nivel nesta fermosa contorna.

 

O alcalde de Covelo Pablo Castillo lembra que todo comezou coa inauguración da restauración dos retablos para que o que nos puxemos en contacto con Nieves a través de Rafael, naquel entón párroco de San Martiño de Barcia de Mera.

 

Estes quince anos foi unha caixa ateigada de satifaccións porque comezamos dun xeito moi sinxelo con aquela inauguración do retablo que deu lugar á primeira edición con dous concertos pero xa a partir de aí organizamos unha programación estable incrementándose o número de público. Cada ano fomos traendo a artistas, a solistas e a músicos cada vez máis importantes”, resume Nieves García engandindo que “o hábitat normal destes músicos son os primeiros teatros e auditorios de España. O Ciclo de Barcia de Mera foi gañando en nivel e logros e cada edición foi unha nova satisfacción”.

 

Pablo Castillo agradece o traballo realizado pola asociación Ciclo de Música de Barcia de Mera salientando que “posicionan ao noso concello a niveles nacionais e en foros musicais de todo o mundo ademais de atraer, edición tras edición, a moitas veciñas e veciños de fóra de Galicia pero tamén da área metropolitana e do sur de Galicia”.

 

O Ciclo de Música de Barcia de Mera seguirá e con él avanzaremos no coñecemento da música culta descubrindo, ano tras ano, que todas e todos podemos, con ou sen coñecementos teóricos, podemos atopar refuxo nas notas.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade