Actualidade e Noticias



Un ano máis a Sestelo Clásica Álvaro Pino cruzará Covelo, esta nova edición coa participación especial de Migual Indurain
- 15/04/2023 -

O alcalde de Covelo participou na presentación oficial da Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino que celebra a súa terceira edición da man da Asociación Deportiva Plan C
Este venres foi presentada oficialmente a Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino, en virtude do convenio de colaboración entre o propio protagonista, a asociación deportiva Plan C, Grupo Sestelo e os concellos. O acto contou coa presenza do ex ciclista campión da Volta a España, Álvaro Pino, e con numerosas autoridades institucionais de Galicia entre as que se atopaban o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas, os alcaldes e concelleiros de deporte por onde pasa a Clásica, Daniel Benavides, Deporte Galego Xunta de Galicia, Juan Carlos Muñiz, Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Paco González, presidente do GDR Condado Paradanta, Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, e Roberto Álvarez Tombo, membro da Dirección Xeral de Grupo Sestelo, patrocinador principal da marcha cicloturista que leva o seu nome xunto ao de Álvaro Pino. Durante a presentación debulláronse todas as novidades para esta edición, entre as que destacan a participación como convidado especial de Miguel Indurain, a nova camisola que homenaxea ao equipo SEUR co que Álvaro Pino correu en 1990, dous percorridos, un curto de 67 quilómetros con subida a tres portos, e outro longo de 123 quilómetros con subida a 6 portos, e que se suman dous novos concellos polos que pasará a marcha, Tui e Salceda A saída e meta serán en Ponteareas, como nas últimas dúas edicións, na Praza de Bugallal, e percorrerá 9 concellos: Ponteareas, Salceda, Tui, Salvaterra, As Neves, A Cañiza, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario. Este ano os portos polos que pasará a marcha son: Fraga do Rei, Muro das Neves, Muro dá Luz, Franqueira por Uma, Moncelo e Carbitallo. Esta nova edición da Sestelo Clásica Álvaro Pino tamén contará coa participación de Discamino, e os participantes que desexen este ano poderán facer unha doazón coa inscrición ao seu proxecto. Os organizadores quixeron destacar na presentación a continuidade do apoio dos patrocinadores de empresas privadas para a celebración deste evento, que tabiém estiveron presentes no acto, como son Grupo Sestelo, Rodosa, Darlim, Lynalfa Grupo Asegurador, BTravel , Ferraxería Barral, Concello de Ponteareas, Deputación de Pontevedra, GDR Condado Paradanta e numerosos comercios locais que colaboran neste evento deportivo. Feira do corredor Como en pasadas edicións, o sábado 13, día previo á marcha, terá lugar a Feira do Corredor na Praza de Bugallal de Ponteareas, que este ano promete ser a máis espectacular das realizadas ata a data, e onde os participantes poderán disfutar de grandes momentos de diversión. levará a cabo unha Xincana para nenos, da man do Club Ciclista Ponteareas, e unha charla na que participarán o propio Álvaro Pino e Miguel Indurain, presentada polo popular presentador Terio Carrera. Contarase tamén coa presenza dos trofeos dos tres gañadores pontareanos da Volta a España, Delio e Emilio Rodríguez, e Álvaro Piñeiro, e a velada estará amenizada polo Rock in Río Tea na Rúa.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade