Para a selección dos cursos fíxose unha consulta pública e así determinar as necesidades da veciñanza e ofrecer ferramentas útiles para a procura de emprego.
Neste ano 2023 do 20 ao 22 de marzo impartíuse o curso de operador/a de carretillas elevadoras cunha duración de quince horas, repartidas en teoría e práctica. O 23 e o 24 de marzo tivo lugar o curso de operador/a apilador-transpaleta eléctrica cunha duración de dez horas.
O Plan de Formación do Concello de Covelo ofertará novos cursos ao longo deste ano sempre co obxectivo de mellorar a capacitación das persoas e contribuír á inserción laboral.