Present News



Remata o curso de manipulación de alimentos do VII Plan de Formación do Concello de Covelo
- 03/04/2023 -

Ao longo do ano o Concello organizará novos cursos con prioridade para persoas desempregadas
O Concello de Covelo  informa que vén de rematar o curso de manipulación de alimentos ofrecido á cidadanía no marco do VII Plan de Formación do Concello de Covelo. Co obxectivo de mellorar o curriculum das persoas e facilitar a inserción laboral o Concello programou novos cursos nos que tiveron prioridade de acceso as persoas desempregadas ou en proceso de procura de emprego e censadas en Covelo.

Para a selección dos cursos fíxose unha consulta pública e así determinar as necesidades da veciñanza e ofrecer ferramentas útiles para a procura de emprego.

 

Neste ano 2023 do 20 ao 22 de marzo impartíuse o curso de operador/a de carretillas elevadoras cunha duración de quince horas, repartidas en teoría e práctica. O 23 e o 24 de marzo tivo lugar o curso de operador/a apilador-transpaleta eléctrica cunha duración de dez horas.

 

O Plan de Formación do Concello de Covelo ofertará novos cursos ao longo deste ano sempre co obxectivo de mellorar a capacitación das persoas e contribuír á inserción laboral.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade