Actualidade e Noticias



Éxito do entroido de Maceira
- 27/03/2023 -

Loros ao tesouro resultou gañadora nunha xornada chega de música, animación e festa

A praza de Maceira ateiugouse de público para recibir o entroido organizado pola asociación de veciños e veciñas San Salvador de Maceira en colaboración co Concello de Covelo.


Música, animación e o desfile de comparsas encheron a praza de Maceira deixando cargada de ledicia, bo humor e creatividade a xornada do domingo. A comparsa "Loros ao tesouro" resultou a gañadora desta edición pola súa posta en escena, coreografía, vestimenta e coordinación, entre outros aspectos.

O Concello de Covelo agradece o traballo realizado por todas as comparsas, a súa participación e o espectáculo ofrecido a toda a cidadanía na praza de Maceira. 

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade