A praza de Maceira ateiugouse de público para recibir o entroido organizado pola asociación de veciños e veciñas San Salvador de Maceira en colaboración co Concello de Covelo.
Música, animación e o desfile de comparsas encheron a praza de Maceira deixando cargada de ledicia, bo humor e creatividade a xornada do domingo. A comparsa "Loros ao tesouro" resultou a gañadora desta edición pola súa posta en escena, coreografía, vestimenta e coordinación, entre outros aspectos.
O Concello de Covelo agradece o traballo realizado por todas as comparsas, a súa participación e o espectáculo ofrecido a toda a cidadanía na praza de Maceira.