Axenda
Roteiro dos Carranos e visita o serradoiro.
- 11/08/2012 -
Saída dende a Rectoral de Fofe as 10h. É unha ruta de dificultade baixa e unha duración aproximada de 3 horas.
 Esta é unha ruta de dificultade baixa e dunha duración aproximada de 3 horas.

 Sairemos da Rectoral de Fofe as 10:00h. Na actualidade a Rectoral de Fofe e unha casa de turismo rural que se levantou sobre as ruínas da antiga casa do cura do século XVII. O muro e a torre construíronse segundo unha inscrición que hai,  no ano 1830. 

 O valor natural e etnográfico desta ruta venlle dado por dous elementos diferenciados: O río Tea e o vello serradoiro de madeira.

O Río Tea , catalogado como LIC é un dos ríos de media montaña mellor conservados de Galicia.

O serradoiro dos Carranos, que lle da nome o roteiro, foi construído en 1922 sobre os pilares dun vello muíño de auga. Utiliza a forza motriz da auga para o seu funcionamento.  O conxunto do Serradoiro consta de catro edificacións:

-          O Serradoiro.

-          Un sequeiro e almacén de madeira.

-          Unha pequena forxa onde se forxaban as ferraxes para os carros.

-          Un pequeno almacén.

A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o seu nome.

 A ruta chega ata a coñecida praia fluvial de Maceira onde os participantes poderán descansa e se o desexan quedar a comer ou darse un baño.

 Tamén ofrecemos a posibilidade de facer esta ou calquera das outras visitas calquera outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos maiores de 10 persoas.

 Para todas estas visitas é necesario inscrición previa na oficina de turismo (en horario de martes a domingo de 10:00h a 13:00h e de 15:00h a 18:00h), na páxina de facebook “turismo en Covelo”, no e-mail   oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando o número 638 015 428.

 Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguias e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar en estas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga. 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade