Sairemos da Rectoral de Fofe as 10:00h. Na actualidade a Rectoral de Fofe e unha casa de turismo rural que se levantou sobre as ruínas da antiga casa do cura do século XVII. O muro e a torre construíronse segundo unha inscrición que hai, no ano 1830.
O valor natural e etnográfico desta ruta venlle dado por dous elementos diferenciados: O río Tea e o vello serradoiro de madeira.
O Río Tea , catalogado como LIC é un dos ríos de media montaña mellor conservados de Galicia.
O serradoiro dos Carranos, que lle da nome o roteiro, foi construído en 1922 sobre os pilares dun vello muíño de auga. Utiliza a forza motriz da auga para o seu funcionamento. O conxunto do Serradoiro consta de catro edificacións:
- O Serradoiro.
- Un sequeiro e almacén de madeira.
- Unha pequena forxa onde se forxaban as ferraxes para os carros.
- Un pequeno almacén.
A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o seu nome.
A ruta chega ata a coñecida praia fluvial de Maceira onde os participantes poderán descansa e se o desexan quedar a comer ou darse un baño.
Tamén ofrecemos a posibilidade de facer esta ou calquera das outras visitas calquera outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos maiores de 10 persoas.
Para todas estas visitas é necesario inscrición previa na oficina de turismo (en horario de martes a domingo de 10:00h a 13:00h e de 15:00h a 18:00h), na páxina de facebook “turismo en Covelo”, no e-mail oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando o número 638 015 428.
Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguias e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar en estas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga.