Present News



Rematados os dous primeiros cursos do VII Plan de Formación do Concello de Covelo
- 29/03/2023 -

O vindeiro 3 de abril celebrarase o curso de manipulador/a de alimentos e alérxenos
A concellería de Formación que dirixe Lourdes Enes, informa que vén de rematar o curso de operador/a de carretiña eléctrica e o de apilador/a de transpaleta eléctrica ofrecidos á cidadanía no marco do VII Plan de Formación do Concello de Covelo.  Co obxectivo de mellorar o curriculum das persoas e facilitar a inserción laboral o Concello programou para este mes de marzo dous novos cursos nos que tiveron prioridade de acceso as persoas desempregadas ou en proceso de procura de emprego e censadas en Covelo.
 
A concelleira de Formación e Emprego explica que para a selección dos cursos fíxose unha consulta pública e así determinar as necesidades da veciñanza. “Con estes cursos pomos en marcha o sétimo Plan de Formación co que pretendemos ofrecer ferramentas útiles para a procura de emprego”.
 
Do 20 ao 22 de marzo impartíuse o curso de operador/a de carretillas elevadoras cunha duración de quince horas, repartidas en teoría e práctica. O 23 e o 24 de marzo tivo lugar o curso de operador/a apilador-transpaleta eléctrica cunha duración de dez horas. 
 
O vindeiro 3 de abril o Concello ofrecerá un curso de manipulador/a de alimentos e alérxenos. Este curso terá unha duración de cinco horas en horario de 9 a 14 horas no auditorio público municipal. 
 
O Plan de Formación do Concello de Covelo ofertará novos cursos ao longo deste ano sempre co obxectivo de mellorar a capacitación das persoas e contribuír á inserción laboral. 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade