Ao longo do percorrido sucédense as mostras dunha rica arquitectura tradicional vinculada á auga: vellos muíños de río, levadas de auga e pontellas luídas polo paso do tempo.
En lugares como Paraños e A Lamosa, permanecen os restos dunha antiga actividade, a dos cereiros.
O lagar de Cera de Paraños foi restaurado e inaugurouse o pasado día 9 de xuño. É unha edificación cunha prensa que se utilizaba para procesar a cera das abellas. Asemellase, en moitos aspectos, o lagar do viño ou da sidra, aínda que ten algunhas especificacións.
Este lagar alberga: a caldeira para ferver os favos coa auga, o conxunto da prensa de viga, as pías de pedra e o peso co seu fuso para exercer presión. Tamén podemos ver un curadoiro que eran espazos arquitectónicos ao aire libre onde se branqueaba a cera o sol.
Este roteiro e visita o lagar e museo de cera ten unha duración aproximada de 3 horas. A entrada o lagar e museo de cera é de 1 euro.
Tamén ofrecemos a posibilidade de facer esta ou calquera das outras visitas calquera outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos maiores de 10 persoas.
Para todas estas visitas é necesario inscrición previa na oficina de turismo (en horario de martes a domingo de 10:00h a 13:00h e de 15:00h a 18:00h), na páxina de facebook “turismo en Covelo”, no e-mail oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando o número 638 015 428.
Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguias e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar en estas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga.