Actualidade e Noticias



O centro de saúde de Covelo ofrece unha charla gratuíta e aberta a toda a cidadanía sobre a saúde da muller
- 26/03/2023 -

Será o luns día 27 ás 16 horas no auditorio municipal
 O Centro de Saúde de Covelo aposta pola formación e concienciación como método para atallar no proceso de cura de enfermidades e como ferramenta para a detección e prevención.


Comprometidas e comprometidos coa saúde da veciñanza de Covelo, este luns día 27 de marzo ofrecerán unha charla sobre a saúde da muller ao longo dos anos. A matrona do centro de saúde de Ponteareas, Marta Valcárcel, e o enfermeiro do centro de saúde local, Daniel Domínguez, farán especial fincapé na participación nos cribados para a detección precoz de enfermidades e ensinarán ás persoas participantes a interpretar os signos e síntomas que se poidan manifestar.


A sesión está aberta a toda a cidadanía dos concellos veciños que desexen informarse e mellorar o seu día a día. Dende o centro de saúde de Covelo adiantan que seguirán ofrecendo formación e información ao longo de todo o ano procurando sempre a implicación da cidadanía no coñecemento do seu corpo e no fomento de bos hábitos de vida.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade