Estará a disposición da veciñanza un servizo de transporte institucional para facilitar o desprazamento ás mesas electorais e garantir que todas as persoas poidan exercer o seu dereito ao voto.
O servizo contará con 5 itinerarios, con paradas nas distintas parroquias e barrios, tanto en horario de mañá como de tarde.
Barciademera, Piñeiro, Prado de Canda, Lamosa, San Salvador de Prado, Godóns, Graña, Campo, Fofe e Maceira.
Os horarios e as paradas detalladas poden consultarse no anuncio completo publicado polo Concello.
