ESTE DOMINGO, ÚLTIMO ROTEIRO INTERPRETADO DO ANO EN COVELO.
Estreamos unha nova proposta: o Roteiro Parapinta Micolóxica, unha senda de carácter micolóxico creada e mantida pola CMVMC de Santa Mariña de Covelo.
Unha oportunidade para descubrir o mundo dos cogomelos, coñecer o noso patrimonio natural e gozar dunha ruta guiada nun contorno único.
Domingo, 29 de novembro
Saída ás 10:00 h
Estrada Covelo-Lamosa (punto de encontro e inicio).
Percorrido circular de 5 km.
Duración aproximada: 2 horas e media.
Dificultade baixa.
Actividade gratuíta, con inscrición previa obrigatoria.
Prazas limitadas a 25 participantes.
Inscricións no teléfono 654 500 652, con Julio Eiroa, guía de montaña, biólogo e fotógrafo.
Esta actividade forma parte dos roteiros guiados e interpretados do Concello de Covelo, está organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.
Unha última oportunidade este ano para descubrir Covelo camiñando e aprender algo máis da riqueza natural do noso territorio.
