Novas
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS XII GALARDÓNS "SÍNTETE COVELO 2026"
- 20/11/2026 -
XII Galardóns Síntete Covelo, ten a finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de
persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, ó arte, á ciencia ou humanidades, ó deporte, ó medio ambiente e á conservación do noso entorno e paisaxe.
Buscamos poñer en valor esas persoas e entidades que deixan pegada no noso municipio e que contribúen a facelo medrar nos ámbitos cultural, artístico, científico, deportivo, humanitario ou medioambiental, entre outros.

-> QUEN PODE PRESENTAR CANDIDATURAS?

Calquera persoa física ou xurídica, asociación ou club, podendo propoñer a súa propia candidatura ou a doutra persoa ou entidade.

-> PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Ata o venres 4 de decembro de 2026 ás 14:00 h.

As candidaturas deberán acompañarse dunha memoria ou currículo coa traxectoria e os méritos da persoa ou entidade proposta.

A documentación poderá enviarse ao correo rexistro.covelo@fegamp.gal, por correo ordinario ou entregarse nas oficinas do Concello.

CONSULTA AS BASES COMPLETAS:
Podes consultar as bases reguladoras e os criterios de valoración pinchando AQUÍ.

-> GALA DE ENTREGA DOS GALARDÓNS

A entrega dos XII Galardóns "Síntete Covelo 2026" celebrarase o domingo 20 de decembro de 2026, ás 18:30 h, no Auditorio Municipal de Covelo.

Animámoste a presentar candidaturas e a propoñer esas persoas e entidades que merecen o recoñecemento de todo Covelo.

Porque hai moitas traxectorias que merecen ser contadas e recoñecidas.



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade