Día sábado 30 de xuño: Ruta Poza Piñeiro.
Dificultade media-alta, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída do cemiterio de Piñeiro as 10:00h.
Día sábado 7 de xullo: Ruta AQA.
Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída dende a praia de Maceira as 10:00h.
Día xoves 12 de xullo: Visita a unha empresa de plantas aromáticas e a casa museo “Pazo da Cruz”.
Saída dende a praza do concello as 15:00 e ten unha duración aproximada de 2 horas. A entrada o museo é de 2 euros de donativo.
Día sábado14 de xullo e sábado 25 de agosto: Visita a gandería e agricultura ecolóxica.
Ten unha duración aproximada de dúas horas e necesitase levar o coche. Saída da praza do concello as 10:00h. Esta é unha actividades recomendable para familias con fillos.
Día sábado 21 de xullo e sábado 01 de setembro: Ruta do Río Xabriña e visita o lagar de cera.
Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída dende o recinto da festa de Paraños as 10:00h. A entrada o lagar de cera é de 1 euro.
Día sábado 28 de xullo e sábado 08 de setembro: Visita O Conxunto Abacial de Barcia de Mera e a Igrexa de Baldomar.
Necesitase levar o coche a todos estes lugares. Quedaremos as 10:00h na Igrexa de Baldomar, despois faremos un descanso nun lugar singular e finalmente iremos o Conxunto Abacial de Barcia de Mera. Ten unha duración aproximada de 3 horas.
Día sábado 04 de agosto e sábado 15 de setembro: Visita a empresa cárnica “Fontefría”.
Saída as 11:00h da praza do concello e ten unha duración aproximada de 1:30 horas.
Día sábado 11 de agosto e sábado 22 de setembro: Ruta dos Carranos e visita o Serradoiro.
Dificultade baixa, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída dende a Rectoral de Fofe as 10:00h. A entrada o serradoiro é de 1 euro.
Día sábado 18 de agosto e sábado 29 de setembro: Ruta de San Xoán Mosteiro, visita o conxunto abacial de San Martiño e explicación do cruceiro do Cristo dos Aflixidos.
Saída dende a praza do concello as 10:00. Dificultade baixa e cunha duración de 3 horas.
Tamén ofrecemos a posibilidade de facer calquera destas visitas outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos maiores de 10 persoas.
Para todas estas visitas é necesario inscrición previa na oficina de turismo (en horario de martes a domingo de 10:00h a 13:00h e de 15:00h a 18:00h), na páxina de facebook “turismo en Covelo”, no e-mail oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando o número 638 015 428.
Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguias e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar en estas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga.