Axenda
AVISO Á VECIÑANZA: PECHES AO TRÁFICO POR TRABALLOS DE REPARACIÓN
- 09/11/2026 -
O Concello de Covelo informa de que o peche ao tráfico inicialmente previsto para o luns 9 de novembro queda aprazado e terá lugar a partir do martes 10 de novembro de 2026, durante toda a semana.
A restrición afectará á contorna da Praza Mestre Cerviño e á rúa Praza dos Trobeiros, no tramo que baixa da praza cara á Residencia de Anciáns, debido á realización de traballos de reparación da estrada e das beirarrúas.

Durante este período estará prohibida a circulación de vehículos e tampouco estará permitido estacionar nos tramos afectados.

Desde o Concello pregamos á veciñanza e aos comercios que teñan en conta esta modificación e agradecemos a súa comprensión e colaboración, desculpando as molestias que estas actuacións poidan ocasionar.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade