A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Covelo o vindeiro xoves 12 de novembro, ao carón da Casa do Concello.
Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
Se tes entre 18 e 70 anos, pesas máis de 50 kg e tes boa saúde, podes doar sangue.
Lembra:
Almorza antes de acudir e, despois de xantar, agarda 2 horas.
Non fagas unha comida copiosa antes de doar.
Trae o DNI ou outro documento identificativo e, se a tes, a tarxeta de doazón.
Informa o persoal médico se estás tomando algún medicamento.
Doar sangue é un xesto solidario que pode salvar vidas. En Galicia precisamos máis de 400 doazóns cada día.
Agardámoste en Covelo.
Máis información: 900 100 828 · ados.sergas.gal
