Novas
Derradeira visita portas abertas da reitoral e igrexa de San Martiño de Barcia de Mera deste 2026
- 08/11/2026 -
O pase é único ás 16:00 H e terá unha duración de 2 horas nas que coñeceremos os exteriores e interiores da reitoral e da igrexa parroquial de Barcia de Mera.
As prazas son limitadas e con inscrición previa no 654.500.652
Este domingo 8 de novembro, temos a derradeira visitas coas portas abertas da reitoral e igrexa de San Martiño de Barcia de Mera deste 2026. Ocasión para veciños e visitantes de Covelo de coñecer, mais en detalle, este conxunto eclesiástico tan fabuloso.
O pase é único ás 16:00 H e terá unha duración de 2 horas nas que coñeceremos os exteriores e interiores da reitoral e da igrexa parroquial de Barcia de Mera.
As prazas son limitadas e con inscrición previa no 654.500.652
Actividade organizada polo Concello de Covelo e Deputación Pontevedra



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade