AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2026/2027
O Concello de Covelo convoca as axudas para a adquisición de libros e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Infantil (de 3 a 5 anos) matriculado en centros docentes públicos de Covelo.
As contías máximas son:
100 € por alumna ou alumno.
Ata 125 € para alumnado cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % ou pertencente a familias numerosas.
A renda per cápita familiar non poderá superar os 14.400 euros e deberán cumprirse os demais requisitos das bases.
O prazo de solicitude será de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto no BOPPO.
Consulta info e as bases e a documentación necesaria no seguinte enlace
AQUÍ ou máis info nas oficinas de Servizos Sociais. telf. 986650027
.png)