Axenda
Ruta AQA
- 07/07/2012 -
Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída dende a praia fluvial de Maceira as 10:00h.
 O río Tea modelou a paisaxe, salpicada de elementos patrimoniais de alto valor etnográfico. Muiños, levadas, fontes ou presas de rego relaciónanse cos distintos usos da auga.

Este río xunto con algúns dos seus afluentes como o Alén, forma parte da REDE NATURA 2000, e a rede europea de espazos naturais protexidos. É un dos ríos mellor conservados do sur de Galicia.

O Tea acolle sete especies de peixe autóctono, que gozan de boa calidade das augas. A falla de presas e outras barreiras permite que peixes migradores como o salmón e a lamprea cheguen case ata Lourido.

Neste roteiro pásase polos recen restaurados muíños de Portafurado e o muíño de catro rodicios en Maceira. Tamén pasa polos pasos de Lourido e o conxunto abacial de Barcia de Mera entre outros.

Nesta ocasión, só faremos a parte circular do roteiro saíndo da praia fluvial de Maceira, un dos lugares máis visitados, e voltando o mesmo punto. Ten unha dificultade media e unha duración aproximada de 3 horas. 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade