O Concello de Covelo organiza o Escape Room pola Igualdade «Estrelas», unha actividade de escapismo na que as mulleres máis apaixonantes da historia son as protagonistas.
A través desta experiencia, as persoas participantes deberán traballar en equipo, resolver enigmas e superar diferentes retos nunha proposta que combina diversión, historia e igualdade.
Inscricións e información
As inscricións estarán abertas ata o 5 de novembro e deberán realizarse por correo electrónico.
Correo electrónico: info@territorio-comanche.com
Teléfono de información: 609 414 303
Esta actividade está organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra, co obxectivo de promover a igualdade a través dunha experiencia lúdica, participativa e diferente.
