O destino é a poza do Piñeiro considerada hoxe un lugar de interese natural situado nun territorio proposto para a inclusión na Rede Natura, foi orixinalmente construída para almacenar auga para os campos dos lugares de Piñeiro de Areas e Piñeiro da Igrexa, e ainda se atopa en uso. Poderemos visitar no entorno un dos chozos do Suído. Son construccións en pedra que daba acubillo os pastores da serra do Suído, cando se turnaban para coidar o gando que pastaba en semiliberdade, e forman parte da interacción e o aproveitamento das serras a través dunha das formas de gandería extensiva mais complexas. Hoxe en día permiten imaxinar como era a vida de algúns habitantes en épocas pasadas nesta zona.
Entre a vexetación da zona destacar a Erica, e entre a fauna, a troita nas augas da poza, a garza Real, a aguia Albella, cabalos e vacas en liberdade e o lobo...
Neste espazo poderemos recuperar forzas e descansar na pequena area de lecer que se atopa ós pes da poza. Na baixa poderemos ver o monte de A Guía de Piñeiro que merece outra visita.