Novas
Covelo ilumínase de verde polo Día Mundial do Alzheimer.
- 21/09/2026 -
Hoxe, 21 de setembro, conmemoramos o Día Mundial do Alzheimer, unha data para dar visibilidade esta enfermidade e lembrar a importancia de acompañar e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias.
Desde o Concello de Covelo sumámonos a esta iniciativa iluminando de verde a fachada da Casa do Concello durante esta semana, como mostra de solidariedade e compromiso con todas as persoas que conviven co Alzheimer.

Un pequeno xesto para visibilizar unha realidade que afecta a tantas familias e recoñecer o labor e a dedicación de quen coida cada día.
Xuntos, damos visibilidade ao Alzheimer.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade