Tanxarina: Fai un títere. Xoves 10 de Maio, 11 horas. ( 4º Primaria )
Con materiais e elementos sinxelos, imos construir o noso títere!. Unha actividade lúdica e nada complicada que ademáis de achegar o mundo dos títeres, pretende ensinarlles a elaborar xoguetes propios e desenrolar a capacidade creativa.
Que é Ilustrar. Xulia Barros. Vernes 11 de Maio, 12:15 h. ( 5º e 6º Primaria )
A charla xira entorno a como se ilustra un conto e que é ser ilustrador/a. É entorno ós libros e a lectura, pois a ilustradora foi nena lectora, e ese vínculo coas historias e as ilustracións naceu e se alimentou á idade que teñen os asistentes, e continúa na profesión de ilustradora.