Novas
GYMKANA TECNO EN IGUALDADE
- 19/09/2026 -
A Gymkana Tecno en Igualdade está dirixida a nenas e nenos de 7 a 14 anos e terá lugar o sábado 19 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, no patio da escola de Covelo (CEIP Antonio Blanco Rodríguez).
Durante a xornada, as persoas participantes poderán achegarse ao uso básico de drons, experimentar con gafas de realidade virtual, aprender sobre o uso seguro de internet e ferramentas dixitais e participar nunha divertida gymkana tecnolóxica final.
Unha mañá para aprender, compartir e descubrir que o futuro tamén se programa en igualdade.
Inscricións: 697 486 325.
Actividade organizada no marco do Programa Clara, impulsado polos concellos da Cañiza e Covelo, coa colaboración da Xunta de Galicia e o cofinanciamento da Unión Europea.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade