Axenda
PORTAS ABERTAS EN SAN MARTIÑO DE BARCIA DE MERA
- 23/08/2026 -
Este domingo 23 de agosto temos unha nova oportunidade para descubrir, con máis detalle, un dos conxuntos patrimoniais máis singulares de Covelo.
Abrimos de novo as portas da Reitoral e da Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera para que veciños, veciñas e visitantes poidan coñecer os seus espazos exteriores e interiores, achegándose á historia e ao patrimonio deste impresionante conxunto eclesiástico.

17:00 h
Duración aproximada: 2 horas
San Martiño de Barcia de Mera

Prazas limitadas
Inscrición previa no 654 500 652

Unha visita para mirar con outros ollos o noso patrimonio e descubrir detalles que ás veces pasan desapercibidos. 

Anímate a participar e coñece un pouco máis de preto o patrimonio de Covelo!

Actividade organizada polo Concello de Covelo e  financiada pola Deputación de Pontevedra



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade