Este domingo 23 de agosto tenemos una nueva oportunidad para descubrir, con más detalle, uno de los conjuntos patrimoniales más singulares de Covelo.
Abrimos de novo as portas da Reitoral e da Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera para que veciños, veciñas e visitantes poidan coñecer os seus espazos exteriores e interiores, achegándose á historia e ao patrimonio deste impresionante conxunto eclesiástico.
17:00 h
Duración aproximada: 2 horas
San Martiño de Barcia de Mera
Prazas limitadas
Inscrición previa no 654 500 652
Unha visita para mirar con outros ollos o noso patrimonio e descubrir detalles que ás veces pasan desapercibidos.
Anímate a participar e coñece un pouco máis de preto o patrimonio de Covelo!
Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra
