Axenda
Poderás recoller 1 par de gafas por persoa no Concello de Covelo
- 06/08/2026 -
Do 7 ao 11 de agosto
De 9:00 a 14:00 horas
(ata esgotar existencias).
Recomendacións para observar a eclipse con seguridade
A eclipse desenvolverase o 12 de agosto, entre as 19:30 e as 21:45 horas, sendo o momento de maior ocultación do Sol arredor das 20:30 horas.
Para evitar lesións oculares:
-Non empregues:
Radiografías nin cristais afumados.
Gafas de sol convencionais.
Trucos caseiros de ningún tipo.
Prismáticos, telescopios ou outros aparellos ópticos que non sexan específicos para observación solar.
-Métodos seguros:
Observación mediante métodos indirectos de proxección.
Uso exclusivo de gafas homologadas para eclipses, con marcado CE e certificación ISO 12312-2, en perfecto estado de conservación (sen fendas, raiaduras nin perforacións).


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade