Axenda
Subvención da Deputación de Pontevedra do Plan Mais Provincia 2026
- 27/07/2026 -
Gasto corrente derivado da prestación de servizos municipais con destino ao financiamento de "Pago de facturas do servizo de limpeza de edificios municipais".


A limpeza dos edificios municipais para mantelos en perfecto estado de uso é un dos gastos correntes que o Concello ten contratado cunha empresa externa.

O Plan Máis Provincia 2026, para contribuír ao bo funcionamento das corporacións locais, permite destinar unha porcentaxe da subvención total concedida ao financiamento do pago de débedas a acredores de gastos corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos.

Para cubrir o gasto corrente derivado da prestación de servizos municipais, concédese unha subvención por importe de 8.865,21 € para cubrir o gasto ocasionado por “Pago de facturas do servizo de limpeza de edificios municipais”.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade