A concelleira de Formación e Emprego explica que para a selección dos cursos fíxose unha consulta pública e así determinar as necesidades da veciñanza. “Con estes cursos pomos en marcha o sétimo Plan de Formación co que pretendemos ofrecer ferramentas útiles para a procura de emprego”.
Do 20 ao 22 de marzo impartirase o curso de operador/a de carretillas elevadoras. Terá unha duración de quince horas, repartidas en teoría e práctica, de 15:30 a 20:30 horas cada día.
Este curso desenvolverase no auditorio público municipal e nas instalacións do punto limpo. A inscrición está aberta ata o 13 marzo.
O 23 e o 24 de marzo terá lugar o curso de operador/a apilador-transpaleta eléctrica cunha duración de dez horas que se impartirán en horario de mañá de 15:30 a 20:30 horas. O prazo de inscrición para este curso remata o 16 de marzo.
O 3 de abril o Concello ofrece un curso de manipulador/a de alimentos e alérxenos. Este curso terá unha duración de cinco horas en horario de 9 a 14 horas no auditorio público municipal.
Tódalas persoas participantes deberán aboar no momento da inscrición o prezo público pola participación en cursos establecido pola Ordenanza Fiscal Reguladora do Prezo Público pola Prestación de Actividades Lúdicas, Recreativas, Culturais, Formativas e Deportivas que, neste caso, van dende os 6 aos 3€ euros para as persoas empadroadas.
As persoas que desexen inscribirse deberán facelo nas oficinas municipais antes do remate do prazo de inscrición.