Novas
XLV Festa do Churrasco tamén se vive na hostalaría local.
- 25/07/2026 -
Este 25 de xullo poderás desfrutar da Festa do Churrasco tamén nos establecementos colaboradores do Concello, co mesmo prezo que na Carballeira: 8 €.
 Establecementos colaboradores:
Bar Cuartel (A Lamosa)
Bar Buraco (Covelo)
Bar A Cova do Ferro (Godóns)
Bar Plaza (Maceira)
Bar Milita (A Graña)
Bar Casa Cultural da Graña (A Graña)

O menú inclúe o churrasco subministrado polo Concello:
Costela de tenreira
Costela de porco
1 criollo

Cada establecemento poderá ofrecer ademais outros produtos (patacas, ensalada, bebidas, etc.), que se cobrarán segundo as súas tarifas habituais.

Recoméndase reservar con antelación. 

IMPORTANTE: Os tickets da Festa do Churrasco (mercados anticipadamente no Concello ou o propio día 25 de xullo na Carballeira) só son válidos para consumir na Carballeira do Campo da Feira e non se poden utilizar como forma de pago nos establecementos hostaleiros colaboradores.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade