Present News



O ciclo de conferencias €A loita das mulleres no século XX€ visitará o auditorio de Covelo o martes día 7 de marzo
- 06/03/2023 -

Esta iniciativa enmárcase no proxecto "O pasado por vir" desenvolvido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra
A concellería de Igualdade, que dirixe María Valiñas, convida á cidadanía a participar na conferencia “A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión” que terá lugar o martes día 7 ás 17 horas no auditorio municipal completamente de balde.


Esta iniciativa enmárcase no proxecto "O pasado por vir" desenvolvido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra baixo a premisa de que a investigación e a divulgación da historia do primeiro terzo do século XX en Galicia ten que servir para construír unha sociedade acorde co país soñado por aquela xeración devastada polo fascismo.


O pasado por vir” dará a coñecer as iniciativas que se estaban a poñer en marcha desde o eido económico, probabelmente o máis descoñecido, a política, os movementos sociais, a cultura e, por suposto, o ensino, co obxectivo de que a constatación da gran perda que supuxo o cambio de réxime para toda a sociedade sirva como alicerce no intento de recuperar non só a memoria dos nomes, dos rostros e das biografías da xeración esmagada, senón tamén e, sobre todo, dos seus ideais devastados, do país que querían construír e que tamén foi aniquilado.


O albor do século XX foi un tempo esperanzador para Galicia, e Pontevedra rexistrou algúns dos grandes fitos da época, moitos deles cunha fonda relación coa propia Deputación, coma a inauguración do Museo ou o traslado á cidade da Misión Biolóxica. Se non se esnaquizasen as iniciativas empresariais, as políticas transformadoras e os emerxentes movementos sociais e culturais, a situación actual sería ben distinta.


"O pasado por vir" pretende, polo tanto, ser un programa de estudo, divulgación e homenaxe da Pontevedra de principios do século que desbaratou o fascismo, sempre mantendo a perspectiva de xénero e de clase.


https://arquivos.depo.gal/o-pasado-por-vir



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade