News
AVISO IMPORTANTE - Uso responsable de agua
- 06/07/2026 -
Recordamos que está totalmente prohibido:
Regar huertas, viñedos, jardines o hincas.
Llenar piscinas.
O Concello de Covelo fai un chamamento á responsabilidade de toda a veciñanza ante a situación de escaseza de auga provocada pola vaga de calor e a diminución dos mananciais que abastecen as redes municipais. É fundamental facer un uso responsable deste recurso para garantir o abastecemento a toda a poboación.
Lembramos que está totalmente prohibido:
Regar hortas, viñedos, xardíns ou fincas.
Encher piscinas.
Se a situación persiste, o Concello verase obrigado a realizar cortes no abastecemento de auga para permitir a recuperación dos depósitos.
Ademais, procederase á lectura dos contadores e á aplicación das sancións previstas na Ordenanza Municipal. O incumprimento das restricións poderá supoñer multas de entre 50 e 500 euros, ademais do corte inmediato da subministración de auga, en función da gravidade da infracción, da reincidencia e dos prexuízos ocasionados ao resto das persoas abonadas.
A auga é un ben esencial e limitado. Coa colaboración de todas e todos podemos evitar restricións máis severas e garantir o abastecemento para os usos prioritarios.
Facemos un chamamento á conciencia e á responsabilidade colectiva. Cada litro conta. Cada xesto conta



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade