Axenda
10.07.2026 Contacontos en Covelo: "Quiquiriquí!" con Raquel García Crespo
- 10/07/2026 -
A Biblioteca Pública Municipal de Covelo convídavos a unha tarde chea de imaxinación, humor e aprendizaxes para desfrutar en familia.

Venres, 10 de xullo
20:30 h
Praza Mestre Cerviño
Da man de Raquel García Crespo coñeceremos "Quiquiriquí!", un divertido contacontos que nos presenta a Rosa, Ramón e Monchiño, tres personaxes que nos farán reflexionar sobre a importancia de atopar a nosa propia voz, a través dunha historia entrañable ambientada nunha granxa.

Unha actividade gratuíta e pensada para que as máis pequenas e os máis pequenos, xunto coas súas familias, gocen dunha tarde de contos, risas e valores.

Non faltedes, agardámosvos!

Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade