Axenda
Segunda edición de "Filosofía para Veraneantes"
- 06/07/2026 -
Do 6 ao 10 de xullo, o Auditorio Municipal acollerá a segunda edición deste ciclo integrado no programa "Filosofía para Veraneantes", que este ano estará dedicado a reflexionar sobre o presente e o futuro do rural galego baixo o lema "Pensando o rural".
Durante cinco xornadas, destacados especialistas abordarán cuestións como:
-A paisaxe galega
-Literatura e identidade
-Ruralismo e urbanismo
-Os incendios forestais
-O papel das mulleres no rural

Todas as sesións celebraranse ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Covelo.

Ademais, a clausura contará cunha exposición fotográfica de Mar Caldas dedicada ás mulleres de Covelo, un proxecto que pon en valor a súa memoria, traballo e contribución á historia do municipio.

Entrada libre ata completar aforo.

Un espazo para pensar, dialogar e reflexionar sobre os grandes retos do rural galego contemporáneo.

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade