Novas
O Concello de Covelo pon en marcha un ano máis o Programa CLARA para promover a igualdade e previr a violencia de xénero.
- 02/07/2026 -
O programa contará cun equipo multidisciplinar de profesionais das áreas do dereito, psicoloxía, terapias e igualdade, ofrecendo atención especializada e actividades dirixidas a mellorar o benestar, a autonomía persoal das participantes.
Esta iniciativa está financiada pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Atención xurídica e psicolóxica gratuíta

O servizo prestarase todos os xoves, en horario de 9:00 a 15:00 horas, mediante cita previa.

As citas poderán solicitarse nos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 e 687 227 495. Para máis info telf. do Concello de Covelo 986650027 (ext. 1)

O servizo está dirixido a mulleres e ás persoas ao seu cargo, garantindo en todo momento a confidencialidade, a privacidade e a gratuidade da atención.

Servizo de atención psicolóxica:
Atención e apoio emocional.
Intervención en situacións de estrés, ansiedade e dificultades relacionadas co autocuidado.
Orientación familiar e promoción da saúde mental.
Servizo de atención xurídica:
Asesoramento en cuestións penais, civís e administrativas.
Mediación e resolución de conflitos.
Apoio en casos relacionados coa violencia de xénero, acoso, discapacidade, nacionalidade, estranxeiría e outras situacións de vulnerabilidade.

Como novidade nesta edición, o programa incorpora actividades de benestar, saúde, nutrición, sensibilización en igualdade, reducción da fenda dixital con IA e apoio á inserción laboral das participantes.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade