Como de costume, a Mostra de Produtos de Covelo virá acompañada de música, nesta ocasión será o grupo de pandereteiras da Asociación Cultural Son das Ferriñas de Vigo.
A Mostra de Produtos de Covelo está enmarcada dentro das actividades estables que o Concello de Covelo oferta ao longo de todo o ano en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Cada primeiro sábado de mes, Covelo acolle a todas as persoas que desexan atopar produtos de calidade nun espazo rural, acolledor e no que entrar en contacto coa natureza, coa gastronomía local e descubrir así o seu extenso patrimonio histórico e medio ambiental.