Novas
IX Programa de Compostaxe Doméstica no Día Europeo da Agricultura Ecolóxica
- 16/06/2026 -
O Concello de Covelo está adherido ó Programa de compostaxe doméstica de SOGAMA có obxecto de que as persoas e familias interesadas poidan aproveitar os restos orgánicos que xeran nos seus domicilios e reducir con isto a cantidade dos mesmos que decotío rematan no contedor verde ou xenérico.
Neste noveno programa, a Sociedade Galega de Medio Ambiente en colaboración có Concello facilitará as persoas ou familias interesadas un total de 20 composteiros, un manual de compostaxe doméstica e un pequeno curso de formación (duración dunha hora) có obxecto de procurar o maior éxito na implantación da experiencia composteira.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade