Novas
Escola de Verán Covelo 2026 - Conciliación familiar e ocio educativo
- 30/05/2026 -
O Concello de Covelo pon en marcha unha nova edición da Escola de Verán 2026, un proxecto educativo de conciliación pensado para facilitar a organización familiar durante as vacacións escolares, ao tempo que as crianzas aprenden, conviven e se divirten.
Datas
Xullo: do 1 ao 31 de xullo de 2026
Setembro: do 1 ao 8 de setembro de 2026

Horario: de 09:00 a 14:00 h
Servizo de conciliación: de 08:00 a 09:00 h e de 14:00 a 15:00 h (prazas limitadas e baixo solicitude)

Dirixido a crianzas de 3 a 13 anos, preferentemente empadroadas no Concello de Covelo.

Actividades adaptadas ás idades:
Obradoiros creativos
Natureza e medio ambiente
Xogos, deporte e animación
Saídas e actividades culturais
Educación en igualdade e convivencia

Inscricións: do 30 de maio ao 5 de xuño de 2026
Lista provisional: 5 de xuño
Lista definitiva: 10 de xuño
Pagamento: do 11 ao 17 de xuño de 2026

Máis información e inscricións:
986 650 027 Ext. 3
servizossociais.covelo@fegamp.gal

Un espazo para aprender, xogar e compartir o verán en Covelo.

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, a través do Plan Corresponsables.
PARA CONSULTAR BASES AQUÍ.
SOLICITUDE INSCRICIÓN AQUÍ.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade