"Historias fabulosas con maxia€ chega ao Auditorio Municipal de Covelo.
“2 MINDS COMBINED” presenta un espectáculo cheo de maxia, sombras e contos onde os libros cobran vida e a imaxinación voa máis alto que nunca.
Ian e Elisa sorprenderán ao público cun evento máxico para descubrir o fascinante mundo da lectura dunha forma divertida e inesquecible.
Actividade aberta a todo o público e ao alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez.
Actividade organizada polo Concello de Covelo dentro do programa “Ler Conta Moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Xunta de Galicia.
