Present News



O Ciclo de Música de Barcia de Mera prepara o seu decimoquinto aniversario
- 26/02/2023 -

O Concello de Covelo e a Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera asinan o convenio de colaboración
A Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera reuníuse co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, para asinar o convenio de colaboración co que o Concello apoiará este evento cultural que, cada primavera e cada verán, reúne a centos de persoas apaixoadas da música culta.


A Asociación, que preside o párroco de Covelo, Rafael Antela, e o Ciclo de Música, dirixido por Nieves García-Soto, reúnense nestes meses coas administracións e entidades colaboradoras para renovar apoios e celebrar quince anos de música e cultura na igrexa do conxunto abacial de Barcia de Mera.


A programación desta edición será tan especial como a data e dende a organización adiantan que xa teñen todo pechado para que, dende finais de abril ata finais de setembro, descubramos o talento de músicos internacionais.


O Ciclo de Música de Barcia de Mera naceu hai quince anos cando Nieves García coñeceu ao pai Rafael. A súa paixón pola música fixo que Covelo puidera desfrutar de músicos de primeiro nivel atraendo, ademais, a centos de persoas que descubrían a enorme riqueza patrimonial e natural da contorna.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade