Axenda
8M - Día Internacional das Mulleres
- 08/03/2026 -
Recoñecemos o papel fundamental das mulleres na sociedade e, especialmente, no ámbito local, onde co seu traballo, compromiso e responsabilidade contribúen cada día a mellorar a vida da veciñanza.
A igualdade entre mulleres e homes é unha condición imprescindible para construír unha sociedade máis xusta, máis democrática e con máis oportunidades para todas e todos.
Dende o Concello de Covelo reafirmamos o noso compromiso coa igualdade, coa visibilización do traballo das mulleres e coa eliminación das barreiras que aínda existen.
Porque cando unha muller avanza, avanza toda a sociedade.
Manifesto da Fegamp para o 8 M aquí.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade