Un plan perfecto para toda a familia pola mañá: mercadiño, obradoiros, música, comida e moito máis.
Desde as 10:00 h, pásate polos postos con produtos únicos: madeira, xoiería, horta, cosmética natural, panadaría, xoguetes, decoración, téxtil, cerámica, atrapasoños... E ademais, punto de recollida de alimentos e tapóns solidarios grazas ao grupo de voluntariado social do Concello
11:30 h – Obradoiro de cociña para 30 persoas (15 nenos/as e 15 adultos) con degustación final!
13:30 h – Sesión vermú musical con "A Sombra de Justine"
E por suposto, non faltará o noso pulpeiro tradicional para completar unha xornada perfecta!
14:30 h – Peche da feira
