A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles  proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de  traballo ás persoas desempregadas que, pretendan desenvolver a súa  actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou  traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a  consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de  emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa  traballadora desempregada.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as  altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que,  cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se  formalicen desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012,  ambos inclusive.
Tipos de axuda
-Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia
-Subvención financeira.
-Subvención para asistencia técnica.
-Subvención para formación.
-Axuda excepcional.
-Subvención pola primeira contratación indefinida.
O  prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa  para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de  2012, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos para  cada tipo de axuda.
Mais información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello e na páxina da Consellería de Traballo: 
http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=TR&codProc=341D