Covelo realiza tarefas de limpeza nas prazas
- 24/02/2023 -
Os traballos foron executadas por persoal municipal equipado con medios adquiridos polo Concello
O Concello de Covelo realizou tarefas de limpeza das prazas Mestre Cerviño, de Maceira e Barcia de Mera aproveitando as intensas choivas das pasadas semanas, momento no que resulta máis eficaz exectuar estes traballos pola menor resistencia da sucidade incrustada.
Traballadores/as municipais equipados con medios adquiridos con fondos propios do Concello prepararon as prazas para o desfrute da cidadanía.